Verán no Gaiás | Actividades para gozar en familia

Arrancamos novo ciclo cun feixe de actividades diversas para pasar as tardes en familia. En Verán no Gaiás toparás teatro, obradoiros e relatos, xogos tradicionais, maxia e un lote de gargalladas da man de compañías galegas que nos traen espectáculos diversos e especialmente pensados para a rapazada.

Do 21 de xullo ao 18 de agosto, achégate á Cidade da Cultura para te divertir na compaña da túa xente. Todas as entradas son de balde previa retirada de convite. Olla todo o que temos por vir!

VERÁN NO GAIÁS

 

 Veranenfamilia_inventi_tropadoutormilagre

A TROPA DO DOUTOR MILAGRE | Inventi Teatro

Data e hora: Mércores, 21 de xullo. 19 h

Lugar: Xardín Literario                                       

Duración: 50'

Idade recomendada: +4 anos

Teatro de rúa

A tropa do Doutor Milagre é un explosivo espectáculo de teatro de rúa onde maiores e pequenos poderán probar de primeira man os “efectivos” produtos do Doutor Milagre. Agoniado polas débedas e impulsado por unha necesidade imperiosa de facer fortuna este atolado médico/inventor toma unha arriscada decisión: Facerse con un autobús abandonado para convertelo nun autentico show de venta ambulante. Para esta aventura estará acompañado do seu fiel axudante, o pequeno Miñoca e a exuberante Madame Bobarí. Música, improvisación, xogo, baile, diversión, comedia, maxia e moito máis neste delirante espectáculo de rúa.

 
 

 Veranenfamilia_derribadalua

DERRIBA DA LÚA | Rilo & Penadique

Fecha y hora: Mércores, 28 de xullo. 18 h.         

Lugar: Entrada -1 Museo Centro Gaiás.

Duración:  Dous pases de 30'.

Aforo: 25 parellas(bebé + persoa adulta)

Idade recomendada: 0-3 años

Obradoiro espectáculo 

Derriba da lúa  é un espectáculo- obradoiro de narración oral e música, de recente creación, para familias con bebés de até 3 anos. Queremos arrolar, contar, cantar e xogar en compañía para soñar e crecer libres como paxaros de candeloria a candeloria.

ENTRADAS

 

 Veranenfamilia_formiga

A FORMIGA ICÍA | La fiesta escénica

Data e hora: Mércores, 4 de agosto. 19 h 

Duración: 60'

Idade recomendada: +3 anos

Teatro

A Formiga Icía é unha obra de teatro para nenas e nenos que conta co encanto dun conto ilustrado. Un fermoso e colorido libro no que as páxinas tornan tridimensionais.  A peza convida a meniñas e meniños a tomar parte nun mundo diminuto de abellóns, arañas, formiguiñas e vagalumes no que aprender sobre a amizade, a lealdade, a tolerancia e a responsabilidade cara aos dereitos das outras persoas. 

 

 Veranenfamilia_eira

A EIRA DO PAPORRUBIO | Javier Iglesias Rodríguez

Data e hora: Mércores, 11 de agosto. De 18 a 20 h  

Duración: 2 horas (4 quendas)

Idade recomendada: +2 anos

Xogos tradicionais

Con A Eira do Paporrubio o Gaiás vira en parque de xogos tradicionais. Javier Iglesias Rodríguez proporanos un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria co que coñecermos un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantareiros da nosa fauna. 

 

 Veranenfamilia_caminoafiador

O CAMIÑO DO AFIADOR | Mago Teto

Data e hora: Mércores, 18 de agosto. 19 h  

Duración: 70'

Idade recomendada: +7 anos

Maxia

O Camiño do Afiador é un espectáculo de maxia que xira ao redor dunha roda de afiar dos anos trinta, herdada polo Mago Teto dos seus ancestros. Tras séculos de viaxes, a roda trae canda si milleiros de historias e aventuras doutros tempos que chegan á escena envoltas do bo facer deste grande ilusionista.