Este verán temos 4 grandes espectáculos para pasar o voso tempo de lecer coa cativada en familia. Maxia, rock e circo ao aire libre e de balde! Apúntate ao Verán no Gaiás.
Magic Space. A maxia das estrelas | Pedro Volta | 28 Xuñ - 20 H | Praza central
![]() |
O ilusionista Pedro Volta trae ao Gaiás un espectáculo de maxia inspirado nas sondas espaciais Voyager que se lanzaron ao espazo en 1977 e na exploración do Universo. Insólitos e modernos efectos de maxia que recordan o adestramento dos astronautas antes de ir ao espazo e que abraiarán ao público cos grandes misterios que aínda agocha o cosmos: viaxes interestelares, buracos negros, vida extraterrestre... |
Rock en familia: Queenmanía | 4 xullo - 20 H | Xardín do Teatro
![]() |
Un espectáculo musical para revivir a maxia da música en directo de Queen, unha das bandas de rock máis relevantes da historia. O grupo Play the Game rende homenaxe á banda de Freddie Mercury reproducindo ao detalle tanto a estética como o son co que os británicos conquistaron os escenarios de medio mundo. Un espectáculo pola súa historia e temas máis míticos nunha linguaxe adaptada ao público máis novo que fará que maiores e cativada bailen e se emocionen nunha mesma sesión. |
Isto é Rock! con J.Becerra e C. Rubirosa |12 xullo - 20 H |Praza central
![]() |
Un concerto interactivo que repasa a historia do rock da man de Javier Becerra, autor do libro infantil Esto es rock/ Isto é rock!. Que é iso que chamamos rock? Onde xurdiu e como foi evolucionando co tempo? Cales foron as artistas e bandas que marcaron un antes e un despois no xénero? A todas estas preguntas reponde Javier Becerra de maneira amena e co acompañamento musical de Carolina Rubirosa, cantante e compositora galega cunha ampla traxectoria tanto en solitario como á fronte da orixinal agrupación compostelá The Funkles. Neste caso non estarán sós, virán CON BANDA. |
Lemniscate | Compañía Bivouac |18 xullo - 20H | Praza Central
![]() |
Dous bailaríns e un acróbata sobre un poste chinés encarnan a tres individuos perdidos nun lugar que non existe. Entre liberacións e tensións, esvaróns e propulsións, gravidade e suspensión, evocan o carácter relativo e flexible do tempo-espazo. Unha interconexión que se fai visible, como unha escultura en movemento, nas oscilacións dos corpos, nos seus pesos e no latexo do tempo simbolizado por un metrónomo. ESTREA EN GALICIA DO ÚLTIMO ESPECTÁCULO DA PRESTIXIOSA COMPAÑÍA FRANCESA BIVOUAC, no que continúan a exploración física iniciada nos seus dous espectáculo anteriores: Corps Perdus e Perceptions. |
