Tardes de maxia | Nadal no Gaiás

A proposta quere ser unha unión entre a maxia do Camiño neste ano Xacobeo e a maxia propia do Nadal. Así, organízanse unha serie de obradoiros e unha mostra final que amosará dende o punto de vista da maxia as ilusións do Camiño.

Catro obradoiros de maxia e un espectáculo especial

Tardes de maxia - Prográmanse 4 obradoiros nos que os trucos de maxia estarán tematizados sobre lendas e historias do Camiño de Santiago con especial énfase no Camiño Portugués.

Ilusións do camiño [ENTRADAS] – Función que descubrirá o Camiño de Santiago a través da maxia para toda a familia. Estará protagonizada por catro magos que farán os trucos contando historias e lendas das Rutas Xacobeas. O Camiño de Santiago é unha fonte inesgotable de misterios, e que mellor maneira de descubrilos que a través da maxia!

Magia en la Manga é unha compañía de espectáculos de maxia fundada en 2019 por catro ilusionistas profesionais galegos con anos de experiencia nos escenarios: Óscar Fernández, Xulio Merino, Sara Rodríguez e Carlos Tomico. 

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás