Xogos con máscaras, quebracabezas, un maletín cheo de sorpresas... A vida de María Casares estivo chea de emocións e con emoción tamén vai gozar a cativada deste obradoiro!
No obradoiro Soña María preséntase a figura da actriz María Casares dende a perspectiva da súa infancia, enfocada na nena María, onde a realidade, ficción e fantasía mestúranse para achegarnos á faceta artística desta singular muller, que rompeu as normas do seu tempo para construír a súa vida.
Achegarémonos a unha nena, María, á que, coma a todas as rapazas, lle gusta xogar, pintar, interpretar…O obradoiro bota man do xogo dramático e plástico para representar situacións da súa vida, unhas veces pracenteiras, outras non tanto…
Ao final do obradoiro, e como agasallo, repartirase entre os asistentes un conto.
Imparte OQO Editora.
