SóLODOS EN DANZA | Danza contemporánea

O Festival Internacional de Danza Contemporánea SóLODOS EN DANZA chega á Cidade da Cultura cunha mostra coa que quere conmemorar o seu 5º aniversario de maneira especial. Para a ocasión porá en escena no Gaiás unha selección de cinco pezas participantes e gañadoras das edicións que tiveron lugar en diversos puntos de España ao longo destes pasados 5 anos [merca a túa entrada premendo AQUÍ!]:

  • Compañía Unaiuna (Cataluña - Baleares)
  • Arnau Pérez (Cataluña) 
  • Alba Fernández Cotelo - Cía Exire (Galicia) 
  • Alejandra Balboa (Galicia) 
  • Ángel Garcés (Canarias - Madrid)


SóLODOS EN DANZA é un Festival Internacional de Danza Contemporánea que se celebra en Costa Rica desde 2013 e en España desde 2016. Conta cunha programación especializada en obras escénicas de creadores noveis de danza. Ademais, é unha plataforma cultural de intercambio e cooperación que traballa con diferentes proxectos artístico-culturais de Europa e América.

Escolma de pezas

DOSIS

COMPAÑÍA UNAIUNA

  • Cataluña – Baleares
  • Peza gañadora da edición SóLODOS EN DANZA 2016 con xira a Costa Rica.
  • Coreografía: Unaiuna (Marina Fullana e Laura Lliteras).
  •  Interpretación: Marina Fullana e Laura Lliteras.
  • Música: Immigrasons e Fritz Kreisler-Liebesleid.
SINGLE

ARNAU PÉREZ

  • Cataluña
  • Compañía gañadora do Premio Xove da edición SóLODOS EN DANZA 2017 coa súa peza I’m not a kid anymore. Gañador do Premio SóLODOS no Certame Coreográfico Internacional Burgos - New York 2018 con xira a Costa Rica.
  • Coreografía e interpretación: Arnau Pérez
  • Dramaturxia: Sara Reyes

ON

ALBA FERNÁNDEZ COTELO - CÍA EXIRE

  • Galicia
  • Compañía gañadora da edición SóLODOS EN DANZA 2017 con xira a Costa Rica e Premio do Público.
  • Dirección, creación e Interpretación: Alba Fernández
  • Fotografía e vídeo: Raquel Castro
  • Asesoramento artístico: Bárbara Monteagudo e Carmen Cotelo.
  • Produción e Distribución: Artestudio Xestión Cultura

 

 

VERTEBRATA

 ALEJANDRA BALBOA

  • Galicia
  • Finalista de SóLODOS EN DANZA Ourense no 2017 e no 2020
  • Interpretación: Alejandra Balboa
  • Creación: Alejandra Balboa.
  • Acompañamento: Luis Marrafa
 

VAMOS

ÁNGEL GARCÉS

  • Canarias - Madrid
  • Peza finalista da edición SóLODOS EN DANZA 2020.
  • Creación e Interpretación: Ángel Garcés
  • Música orixinal : Javier Martínez
  • Fotografía: Claudia Herrán
  • Dirección artística: Ariel Déniz-Robaina