Safari verde. Descubrindo os hábitats do Gaiás | Sementa o verán #GaiásenVerde

Cantas especies es quen de recoñecer se te detés a observar con atención? Este safari verde propón un percorrido activo polo Bosque de Galicia e o Parque do Lago, no que o público se converte en participante dun reto de identificación de flora.

A través dun mapa e dunha guía visual con especies “diana”, o obxectivo é localizar e recoñecer diferentes plantas nos espazos verdes da Cidade da Cultura seguindo pistas e fixándose en formas, cores e detalles. Durante a actividade, os monitores acompañan o grupo, axudando a interpretar o que se vai atopando e explicando as características de cada especie, nunha experiencia que combina xogo, observación e coñecemento directo do medio natural.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h