Safari de outono

O outono chega ao Gaiás e queremos celebralo convidádonvos a un Safari Verde polos nosos espazos naturais e un Picnic musical ao ritmo da Ukestra do Medio

Unha tarde en familia que arrancará no Bosque de Galicia cunha divertida xincana coa que descubrir a flora do Gaiás seguindo as pistas pola rede de sendas. Seredes quen de localizar todas as plantas do mapa? Ademais de descubrir as súas propiedades, usos, ditos ou refráns, os mellores exploradores recibirán un pequeno agasallo. A actividade ten prazas limitadas, polo que é preciso inscribirse de balde.

E tras o safari, estades todos convidados a un Picnic Musical no CINC a cargo da orquestra de ukeleles a Ukestra do Medio. Traede a vosa merenda, extendede os vosos manteis e gozade coas versións modernas de grandes clásicos do pop, o rock e o folk con esta orixinal formación. A entrada é libre ata completar aforo.

 
 
En familia
 
Safari de outono
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás