A partir do conto A pota que trota de OQO Editora, os participantes mergullaranse na obra de Castelao da man do mercader presente no conto e responsable do cambio de vida dos labregos. A través dun xogo, os rapaces terán que atopar, colocar e identificar, co texto correspondente, cada unha das láminas da serie Nós. Deste xeito, achegaranse á obra de Castelao, mediante o coñecemento e identificación dunha das súas series de debuxos máis recoñecidas.
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)

