O programa ConCiencia, da USC e o Consorcio de Santiago, conta na súa sétima edición coa colaboración da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, consolidando os obxectivos iniciais:
- A divulgación científica a cargo de figuras do máximo nivel internacional.
- Proxecta-la imaxe da Cidade de Santiago de Compostela como foco universal do pensamento.
- Servir de ponte para o reforzamento de contactos científicos entre líderes da máxima relevancia científica mundial e o corpo de investigadores da USC.
Estas bases diferencian o programa ConCiencia de calquera outra iniciativa de divulgación científica, posto que buscan, á marxe da clásica conferencia ou acto puntual, a rendibilización da visita destes Premios Nobel favorecendo o seu contacto con especialistas locais.
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI




