Polos vieiros de Florencio | Espectáculo familiar Día das Letras Galegas

A Biblioteca de Galicia, con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, organiza este espectáculo teatral a cargo da Compañía Fantoches Baj, no que se reflicte a vida, a obra e a poética de Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle dedica este ano a efeméride.

Sinopse:

Na década dos 60, logo duns días exercendo de visitador farmacéutico pola contorna de Guadalaxara, Florencio D. Gurriarán chega á casa canso, cheo de sede e cargado co seu maletín de visitador. Ante a presenza inesperada dos espectadores, describe o seu día a día de axente comercial pola rexión, véndose a si mesmo como unha especie de Ulises. Pouco a pouco, axudándose dos elementos que leva no maletín e, embargado pola saudade, van aflorando as lembranzas do seu Córgomo natal, a guerra, a chegada ao seu país de acollida e algúns momentos festivos.

Na narración da súa vida, que é o fío condutor, vai parando de cando en vez para recitar varios poemas.

 
En familia
 
4 Xuñ 2022
Ás 11.00 horas