Pequefilmes 2025 | Obradoiros de cinema de sombras

Este 2025 volvemos ofrecer á cativada que asiste a Pequefilmes a oportunidade de converterse en cineastas por un día cos obradoiros de cinema e teatro de sombras chinesas que decorrerán na fin de semana do festival de curtas infantís. Así, ademais de gozar das mellores producións de animación chegadas de diversos países, o público miúdo tamén poderá experimentar creando a súa propia peza audiovisual. Na actividade adaptaremos un conto breve a partir dun texto guionizado previamente, traballando en grupo aspectos como:

  • O deseño e construción de personaxes e escenarios
  • A preparación das caixas de luz para crear a contorna
  • Ensaios de animación e de dobraxe
  • Gravación dos planos

Rematado o obradoiro farase a montaxe de imaxe e son.

Estes obradoiros están pensados para nenas e nenos a partir dos 5 anos de idade, que deberán estar acompañados durante a actividade dunha persoa adulta responsable.

Mercar entrada

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)