Pequefilmes 2022 - Programa especial Olloboi

O alumnado de primaria e secundaria dos centros de ensino de Galicia dirixe, escribe e tamén protagonizan esta selección de pezas audiovisuais realizadas no marco do Festival Olloboi que poderán verse nesta edición de Pequefilmes 2022. Olloboi é un festival de cinema escolar que se vén celebrando en Boiro dende o ano 2009 e que ten como obxectivo dar visibilidade á creación galega nas aulas e fomentar a realización de curtametraxes por parte dos estudantes, contando coa colaboración do profesorado e tamén de cineastas, actrices e actores galegos. Haberá dúas sesións especiais o día 30 de xaneiro nas Salas Miñocas (Auditorio 1) e Fanecas (Auditorio2) no Edificio CINC, con entrada de balde.

OLLOBOI. MIÑOCAS  | Auditorio 1 | Dom 30 XAN | 11.00h | Entrada

  • OLLOBOI, UN FESTIVAL DE CINE ESCOLAR. Organización festival e Pablo Chouza (4 min.)
  • UN CASO APARTE. EEI de Xustáns (5 min.)
  • MILO. CEIP de Coirón (5 min.)
  • QUEN LEVOU A LÚA. CEIP A Torre da Illa (5 min.)
  • O COLE QUE QUEREMOS. CEIP do Carballal de Marín (4 min.)
  • A MELLOR SOPA DO MUNDO. CEIP A Xunqueira nº2 (6 min.)
  • OS XOGOS OLÍMPICOS DA CORENTENA. CEIP Ría de Vigo (8 min.)
  • MARUXA. CEIP O Carballal (4 min.)
  • QUEREMOS GALEGO. IES As Barxas (4 min.)
  • CANTO RUÍDO. CPI de San Vicente – A Baña (5 min.)
Mercar entrada

 

OLLOBOI. FANECAS | Auditorio 2 | Dom 30 XAN | 11.30h | Entrada

  • OLLOBOI, UN FESTIVAL DE CINE ESCOLAR. Organización festival e Pablo Chouza (4 min.)
  • A ESCALEIRA. CEIP A Lama (5 min.)
  • MARUXA. CEIP de Coirón (6 min.)
  • OS SUPERPODERES DOS ALIMENTOS. CEIP A Lama (8 min.)
  • REGUEIFANDO EN MARÍN. CEIP do Carballal (3 min.)
  • OS XERANIO DO SEÑOR ALFONSO. CPI Virxe da Saleta (4 min.)
  • PIÑEIROS NO XARDÍN. CIP Eusebio Lorenzo Baleirón (5 min.)
  • A XUSTIZA POLA MAN. IES As Barxas (3 min.)
  • QUIJANO, O BURRO DA ESCOLA. CPI Cervantes (5 min.)
  • BOLBORETAS NO BANDULLO. CEIP Bibei (6 min.) 
Mercar entrada
 
En familia