Papiroflexia e narración oral

Con motivo da conmemoración do Día da Narración Oral, a Biblioteca de Galicia organiza este obradoiro no que se narra un conto empregando a papiroflexia. Un conto clásico, dos que se transmiten de xeración en xeración.

A papiroflexia ou origami, que podemos considerar unha arte, unha ciencia ou un pasatempos, ten unha grande importancia no aprendizaxe das matemáticas, xa que a súa beleza radica na súa perfecta e simple xeometría.

En cada anaquiño de papel podemos atopar patróns xeométricos, combinacións de ángulos e rectas que permiten que unha simple folla de papel se transforme en diferentes e interesantes formas.

Neste obradoiro a partir dun conto os e as participantes transforman o papel en diferentes figuras.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)