Os Seráns do TAC - 2012: A Contracorrente

Director | Diego García Rodríguez

Presentador | Carlos Blanco

Restaurante | Abastos 2.0 (Santiago de Compostela)

O TAC quere abrir este 2º ciclo de Seráns cun concerto de autores que seguiron camiños moi persoais, difíciles de encadrar nas distintas correntes musicais xurdidas no transcurso das súas vidas e que deixaron unha gran pegada coa súa música, ademais de tratarse de obras cun compoñente performántico moi importante, non só para escoitar, senón tamén para ver.

Entre elas, o TAC asume o reto da interpretación dunha das obras claves na creación musical de E. Varèse, Octandre, dunha modernidade radical aínda nos nosos días, pasando pola ironía e a crítica de Kagel e Schnittke ou da integración da linguaxe do "rock" na creación contemporánea de Daugherty que, ademais, traerá sorpresa.

Programa

  • Edgard Varèse (1883-1965): Octandre 
  • Mauricio Kagel (1931-2008): Dix Marches pour rater la Victoire 
  • Alfred Schnitke (1934-1998): Serenade
  • Michael Daugherty (1954): Dead Elvis