Os regalos son cousa miña

Queres ser un fabricante de xoguetes e fantasías? Queres que os regalos deste Nadal teñan un toque de autor? Queres sorprender regalando algo orixinal e que ningúen máis teña?

A Cidade da Cultura proponlle a rapaces a partir de 9 anos ser os creadores dos seus propios regalos para este Nadal. Cunchas, pedras e madeira converteranse en broches, chaveiros, pins ou mesmo xadrez grazas á creatividade, a imaxinación e o bo facer de Paula Tubío, a responsable da marca de complementos “A gata moscovita”, que dirixirá este obradoiro onde se traballará coa reciclaxe, o consumo responsable e o valor das cousas feitas por un mesmo.

  

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)