Ola, primavera! Despide o inverno plantando unha árbore no Gaiás

-----ACTIVIDADE CANCELADA-----

Procurades un plan coa vosa cativada que conxugue lecer e natureza? Que vos parece que poidan plantar unha árbore autóctona e vela medrar na contorna de Compostela? O sábado 21 de marzo, no Día Internacional dos Bosques, Ola, Primavera! convida á rapazada do Club Gaiás a unha actividade para despedir o inverno en familia, plantando un carballo no monte Gaiás.

Animar á poboación infantil a sentir e experimentar a natureza, fomentando o respecto e coidado do medio ambiente é o principal obxectivo desta actividade, na que ademais convidamos ás familias do Club Gaiás a unha actividade exclusiva, destinada a encher de verde e de vida o complexo da Cidade da Cultura. 

Actividade de balde, pero con prazas limitadas! Para participar, bulide a inscribirvos na columna da dereita desta páxina ou premendo nesta ligazón: http://bit.ly/Rexistro_OlaPrimavera.

IMPORTANTE: Non esquezades anotar no apartado "Observacións" do formulario o voso número de socio/a do Club Gaiás. Aquelas reservas nas que non figure número de socio/a serán eliminadas. 

Zona da plantación

A plantación de carballos terá lugar no Campo do Gaiás, a carón da entrada ao complexo arquitectónico. O punto de encontro do grupo será lugar neste mesmo punto:

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás