Obradoiros de adornos | Nadal no Gaiás 2022-2023

Neste Nadal a temática da programación do Gaiás para estas datas céntrase na arte da papiroflexia, polo que as figuras de papel son as protagonistas, tanto da decoración da árbore e o espazo que a rodea no Museo Centro Gaiás como dos nosos tradicionais obradoiros. Que mellor que poñer en práctica as habilidades co origami para elaborar os nosos propios adobíos? Propoñemos dous tipos de obradoiros: un para persoas a partir dos 14 anos, que se celebrará nunha única sesión o 17 de decembro; e outra convocatoria, a Factoría de adornos, para cativada a partir dos 6 anos, que poderá gozar destas técnicas en varias datas.

FACTORÍA DE ADORNOS - OBRADOIROS INFANTÍS | Entrada libre

LUGAR: Hall de tirantes, Museo Centro Gaiás

IDADE: A partir de 6 anos, acompañados de 1 adulto.

DATAS: 16**, 17, 18, 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2022.

HORARIOS: De 17 a 19 h. | **16 DEC 18:30 / 19:00 | 4 sesións por día: 17:00 / 17:30 / 18:00 / 18:30  | 12 persoas por quenda (6 nenos/as + acompañante)

Factoría de Adornos é un espazo dentro do Bosque de Papel no que se realizan os diferentes obradoiros de decoración con origami.

Estes obradoiros están orientados a un público familiar e neles as persoas participantes poden realizar adobíos sinxelos e de pequeno tamaño seguindo as indicacións das persoas de apoio presentes no espazo. Realizaranse figuras doadas e de diferentes cores como barquiños, estrelas, bólas de Nadal... Cada persoa pode elixir se deixar o adorno realizado para decorar a árbore de Nadal do Museo ou se prefire levalo para a súa casa.

OBRADOIRO ADORNOS DE NADAL - 17 DEC | +14 anos  | Con inscrición

LUGAR: Hall de tirantes, Museo Centro Gaiás

DATA: 17 de decembro de 2022.

IDADE: a partir dos 14 anos.

HORARIOS: De 11 a 13 horas | Máximo 15 persoas | Precisa inscrición previa

Este é un obradoiro para persoas adultas, no que se realizarán figuras de origami con motivos de Nadal. As persoas participantes, seguindo as instrucións e indicacións dunha persoa de apoio, poden realizar neste caso figuras de origami de maneira máis complexa, como estrelas, árbores de Nadal, bólas...

Estes adornos poden deixarse colgados na propia árbore de Nadal do Museo Centro Gaiás ou, se así o prefiren, cada persoa pode levalo para a decoración do seu fogar.

Será unha única sesión de dúas horas cun máximo de 15 persoas, que deben inscribirse previamente na web. 

 
En familia
 
28 e 29 Xan 2023
28 e 29 Xan 2023
Mañá e tarde
28 e 29 Xan 2023
Ás 13.00 horas
28 e 29 Xan 2023
16.30 a 20.00 h
4 Feb 2023
De 17.00 a 18.30 horas