Obradoiro | Mulleres revolucionarias: Concepción Arenal (1820-1893)

Este ano conmemórase o 200 aniversario do nacemento de Concepción Arenal, e a Biblioteca de Galicia quere rendirlle unha homenaxe coa realización dun obradoiro co que se procura pór en valor a esta escritora e socióloga galega, quen nos seus escritos sentou as bases do feminismo actual.

Este obradoiro pretende achegarlles ás rapazas e aos rapaces de Educación primaria a biografía desta gran muller, mediante unha actividade lúdica que lles permita a reflexión, á vez que xoguen, experimenten e se divirtan a través da creación plástica.

Durante esta actividade, impartida por Taller abierto, unha breve exposición teórica dará paso a un debate no que os/as participantes afondarán no que significa a igualdade entre homes e mulleres. A continuación, chegará o momento creativo do obradorio, que lles permitirá aos nenos e nenas descubrir a súa figura e os fitos máis importantes da traxectoria de Concepción Arenal: os seus estudos na universidade, e o seu traballo nos cárceres de mulleres...

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás