Obradoiro de Stop Motion en Cartolina

Como un conto pode cobrar vida? Os nenos que participen no obradoiro de Stop Motion en Cartolina poderán comprobalo a través do manexo de aplicacións gratuítas e dispoñibles online, que amosan os proceso básicos do cine en stop motion. Así, os pequenos acompañados dos seus pais e nais, levarán a cabo a ilustración dun conto tradicional galego con recortes de cartolina e, coa axuda dunha cámara de fotos e un ordenador, os converterán nunha mini película de animación.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)