Obradoiro de ilustración | Descubre e colorea os seres máxicos galegos

A Biblioteca de Galicia, con motivo da conmemoración do Día da Ilustración, organiza a actividade Descubre e colorea os seres máxicos galegos, a cargo da ilustradora Paula Mayor e a contocontos A cuentista trapecista. Trátase dun obradoiro no que a cativada poderá descubrir as lendas dos seres fantásticos que habitan Galicia dende tempos remotos e darlle vida con pinturas a unha serie de personaxes para que poidan poboar o bosque.

Desenvolvemento

Haberá unha primeira parte de contacontos con animacións nunha pantalla. Despois, a rapazada terá dúas opcións: ou ben crear os seus propios seres ou empregar os que as monitoras levarán impresos, colorealos e incluilos na escena. Ao remate crearase un mural con todos estes personaxes.