O Poliño Feo

Público | Infantil (+ 3 anos)

Duración | 50 min. aproximadamente

Violín | Beatriz Rodríguez

Dona Cegoña, cansa de tanto ir e vir entregando encargas polo mundo, solta nun galiñeiro galego un paquetiño azul que levaba no seu peteiro e que tiña como destino... África. Isto non é do agrado dos pitiños do galiñeiro, que non queren un estraño na súa casa, e intentarán de todas as formas posibles botalo de alí.