Os nativos dixitais pasarán ao analóxico. Ese é o reto desta nova sesión de Nexos infantil, na que os nenos descubrirán como eran os procesos previos á revolución dixital: dende a realización dun retrato pictórico, dunha fotografía e una impresión, ata como contactar con alguén sen móbiles nin internet.
Despois centrarémonos no cambio que as novas tecnoloxías supuxeron para a vida cotiá e faremos unha exposición cos resultados dos traballos manuais.
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)


