Nexos infantil: Centenario de Octavio Paz

Para celebrar o centenario de Octavio Paz, un dos grandes das letras latinoamericanas, os participantes de Nexos infantil realizarán unha aproximación ao autor e a súa obra e, a partir do seu universo literario, a súa figura e relevancia nas letras, os seus traballos e a súa biografía, crearemos un mural colectivo descritivo.

Dirixido a nenos de 5 a 12 anos. Para o correcto desenvolvemento desta actividade, respecten por favor as idades indicadas.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)