Nexos infantil 2015

Nexos 2015  volve prestar especial atención aos máis pequenos, aos que introducirá na relación entre a literatura e as artes e os diferentes aspectos da vida que se inclúen no ciclo, transmitindo a idea de que a través da cultura podemos entender a realidade, transformala e mellorala.

Dirixida a nenos de Primaria –de 5-6 a 11-12 anos-, cada sesión artellarase baixo a fórmula: ver-ler-escoitar, facer, falar.

Ver-Ler-Falar | Pequena aproximación ao tema relacionado coa sesión.

Facer | A diversión tamén está asegurada a través de actividades lúdicas e didácticas na que os nenos participarán de forma activa. Cada sesión será única mais as actividades xirarán ao redor de catro eixes: expresión plástica e escrita (xogos de transmisión oral, creación de murais colectivos, rimas..), expresión dramática ( xogos creando personaxes e situacións en relación coa temática tratada), expresión musical-rítmica, investigación, deducción e descubrimento.

Falar | Como peche das actividades, extraeranse unha serie de conclusións e propiciarase o debate e o intercambio de ideas no ámbito familiar.