Que esconden as mates? Nin te imaxinas.
Aburridas? Difíciles de comprender? Iso é que non coñeces a cara divertida.
Deixa o lado escuro e achégate a descubrir os misterios que se esconden detrás do máis simple. A vida móvese en base matemática. Das tapas dos sumidoiros, as antenas, as pompas de xabón, as estruturas metálicas e de infinidade de cousas máis, as matemáticas teñen moito que contarche.
Ofrecémosche un obradoiro de actividades e xogos matemáticos sorprendentes. Haberá propostas para que os estudantes de secundaria se poñan a proba, e descubran aspectos das matemáticas pouco representados na etapa escolar. Outras actividades pensadas para os máis pequenos, para que pola súa conta, ou coas súas familias, exploren outras formas de facer matemáticas.
Para divertirse sós ou en familia. Iso si, aburrimento cero!

