Maker Faire Galicia 2023

Volve a Maker Faire Galicia ao Museo Gaiás para a súa novena edición do 1 ao 4 de xuño. Un evento híbrido que favorece a innovación tanto a nivel social, como educativo ou profesional.

O evento está dividido en 4 xornadas cunha gran seleción de proxectos, nas cales haberá referentes tanto nacionais como internacionais nos ámbitos da educación STEAM (Science, Technology, Engineering, Arts e Mathematics), a intelixencia artificial, a arte, os videoxogos, a biotecnoloxía, a enerxía, a divulgación científica ou a innovación inclusiva.

Podes ver o rexistro de asistentes para acceder aos contidos online totalmente de balde na súa páxina web. 

1 de xuño | Xornada de industria

Esta xornada contará, entre outros, coa presencia do arquitecto grego, Dimitris Petrotos, fundador de Solomon Ears e 3dsGR, inventor do taboleiro de 11 mm, o Medusa Bungalow e creador de Laddroller, un híbrido entre un exoesqueleto e unha cadeira de rodas.

Ademais de Dimitris, esta xornada completarase con dúas mesas, unha sobre intelixencia e outra sobre biotecnoloxía, e pechará coa presentación dun proxecto moi ilusionante no ámbito da enerxía.

2 de xuño | Xornada de educación

Na xornada específica dedicada ao ámbito da educación, estará presente Samu, un "Maker" de 13 anos de Gondomar coñecido como o príncipe do graffiti, e a divulgadora científica Eva Cabanelas. Neste día tamén celebrarase unha mesa no ámbito da inclusión, con varios referentes a nivel nacional, así como a presentación dun dos proxectos IOT (Internet of Things), realizado polos alumnos máis destacados e premiados dos últimos años.

3 e 4 de xuño | Xornadas abertas

As xornadas dos últimos dous días estarán dirixidas a todos os públicos, ademais de poder interactuar cos mellores proxectos do ecosistema maker a nivel internacional, terán lugar numerosas charlas e obradoiros.

 
En familia
 
3 Xuñ 2023
Ás 12.00 horas
4 Xuñ 2023
Ás 10.00 horas