Indómitas. Nove ondas a Begoña Caamaño | Concerto na Biblioteca de Galicia

A voz de Uxía e a arpa de Bleuenn Le Friec únense nun concerto íntimo arredor de «Indómitas: Nove ondas a Begoña Caamaño», o libro-disco que rende homenaxe á escritora homenaxeada este ano nas Letras Galegas. A través de cancións inspiradas na súa obra literaria, música e palabra entrelázanse para achegarnos ao universo dunha autora libre, rebelde e insubmisa.

Unha proposta musical que reivindica o legado literario de Begoña Caamaño, o seu compromiso feminista e a súa defensa da lingua e da xustiza social, nunha homenaxe ás mulleres que soñan e transforman o mundo.