Imos facer un cómic | Obradoiro

Con motivo da celebración do Día do Cómic, a Biblioteca de Galicia organiza un obradoiro da man do debuxante Fausto Isorna, coñecido polas súas creacións de Golfiño ou Simón Martel. Con el imos debuxar unha páxina de cómic.

O cómic é unha maneira de contar historias por medio de debuxos. Da man de Fausto imos debuxar unha historieta contando un pequeno suceso. Repasaremos os elementos que conforman unha páxina de cómic: as viñetas, os globos, as onomatopeias… Veremos tamén as diferentes maneiras de poñer os textos: diálogos, pensamentos, títulos, símbolos… E, finalmente, veremos os diferentes pasos que hai que seguir no debuxo: o bosquexo, a páxina a lápis, o pasado a tinta, a cor...

 

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)