A serie “Romaría de San Vitorio” de José Suárez permítenos realizar unha viaxe no tempo e achegarnos ás romarías galegas dos anos 30. Aproveitaremos estas fotos como punto de partida da organización da nosa propia romaría, na que estarán presentes todos os elementos que a caracterizan: romeiros, polbeira, fogueteiro, tratantes, música e outras sorpresas. Non faltará tampouco unha decoración acorde ao escenario festivo que tentaremos recrear entre todos os cativos asistentes.
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
