A Cidade da Cultura anima aos máis pequenos da casa a ser parte desta festa a través dun concurso de postais no que imaxinar o seu propio Nadal no Gaiás.
Se tes entre 0 e 9 anos, participar é moi fácil:
1. Colle a plantilla.
2. Pinta o teu Nadal no Gaiás.
3. Envíanos a túa postal ou deposítaa no buzón do Museo Centro Gaiás antes do 19 de decembro.
As seis máis orixinais recibirán un agasallo e unha entrada dobre para unha das funcións de Nadal no Gaiás. E a primeira de cada categoría convertirase nun cartaz en gran formato que enviaremos á casa de quen ti queiras, facendo da túa postal a felicitación máis divertida do Nadal.
Bases
- Concurso de postais de Nadal dirixido a nenos de 0 a 9 anos.
- Premios:
- Categoría de 0 a 5 anos: as tres postais gañadoras recibirán un xogo interactivo e unha entrada dobre para un dos espectáculos de Nadal no Gaiás (adaptado á idade dos gañadores).
- Categoría de 6 a 9 anos: as tres postais gañadoras recibirán unha cámara subactuática e unha entrada dobre para un dos espectáculos de Nadal no Gaiás (adaptado á idade dos gañadores).
- A postal deberá levar o nome do autor, idade, enderezo, número de teléfono e correo electrónico.
- As postais poderán enviarse ata o 19 de decembro ás 12:00 horas polos seguintes medios:
- Correo electrónico á dirección online@cidadedacultura.org
- Correo postal: Museo Centro Gaiás, Gaiás s/n, Santiago de Compostela. A Coruña.
- Poderán depositarse no buzón habilitado no mostrador de entrada do Museo Centro Gaiás.
- O xurado será designado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia a tal efecto e o fallo emitirase o 20 de decembro.
- A participación nesta convocatoria requerirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases e a decisión do xurado que se teña designado.
- A Cidade da Cultura poderá difundir a través de calquera dos seus canais as postais presentadas ao concurso.
| 1.44 MB |
