Con motivo da celebración do Día da Ilustración (30 de xaneiro) a Biblioteca de Galicia organiza este encontro co recoñecido debuxante e ilustrador, Siro López, que terá lugar o sábado 4 de febreiro.
Trátase dun encontro entre persoas con vocación artística ou interesadas nas artes plásticas, para reflexionar entre todos/as sobre a arte da ilustración e os distintos xéneros, estilos e intencións que a ilustración gráfica tivo na historia da arte.
Farase un percorrido pola historia da ilustración gráfica, con proxección de imaxes:
- A ilustración na arte rupestre
- Ilustración e humor no Antigo Exipto
- Orixe e función da arte románica
- A ilustración na arte medieval
- Nacemento da caricatura no século XVI
- A ilustración satírica nas guerras relixiosas dos séculos XVI e XVII Goya
- Ilustradores na prensa satírica do século XIX
- Ilustradores de obras clásicas literarias
- Ilustración na arte modernista
- Ilustración e novas tecnoloxías
- Ilustración en Galicia e ilustración en galego
