Holi Gaiás 2026

[PREME AQUÍ PARA INSCRIBIRTE]

O sábado 20 de xuño volven a Holi Gaiás e a Peque Holi para encher a Cidade da Cultura de cor e darlle á primavera a despedida que se merece a través dun evento lúdico, deportivo e para todos os públicos. A nova edición desta carreira festiva xa está en marcha para gozar dun domingo de xuño de diversión en familia ou con amizades e enzoufarse na  tradicional poeira de cores durante o percorrido e no fin de festa.  

A actividade está pensada como opción para a práctica saudable e para pasar un tempo agradable cheo de diversión nun espazo tan vistoso e singular como é o Monte Gaiás.

Patrocinada por Veolia e coa colaboración da Federación Galega de AtletismoGadis e Coca-Cola, a Holi Gaiás trae á Cidade da Cultura o seu espírito festeiro e nada competitivo, no que o importante non é gañar, senón celebrar as últimas semanas dunha estación como a primavera cunha explosión de música e de cores, inspirada no festival Holi da India.Este ano, de novo, doarase un euro de cada inscrición á Fundación Andrea, que traballa con nenos e nenas con enfermidades crónicas, de longa duración ou terminais. As persoas que non participen na carreira pero queiran colaborar poderán facerse co Dorsal 0, cuxos fondos irán integramente destinados a esta fundación.

CATEGORÍAS E PERCORRIDO

Holi Gaiás, para persoas a partir dos 10 anos, ten un percorrido de 5 km e tomará a saída ás 12.00 h. Neste traxecto participan conxuntamente a categoría infantil (anos de nacemento: do 2011 ao 2016) e adulta (anos de nacemento: 2010 e anteriores). Así, os premios tamén se dividen desta maneira:

  • 3 primeiros clasificados na categoría infantil masculina
  • 3 primeiras clasificadas na categoría infantil feminina
  • 3 primeiros clasificados na categoría adulta masculina
  • 3 primeiras clasificadas na categoría adulta feminina 
Peque Holi, para cativada entre 4 e 9 anos (nados entre o 2017 e o 2022), ten un percorrido de 700 metros que se iniciará ás 11.30h. Os pequenos e pequenas poden ir acompañados dun adulto se así o consideran, aínda que o circuíto conta coa seguridade necesaria para que poidan correr sós. 
 
 
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
12 — 31 Mai 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
5 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h