SAUDAMOS DE NOVO Á HOLI GAIÁS!
INSCRÍBETE AQUÍ!! [PECHADA]
Volve á Cidade da Cultura a carreira máis divertida, colorida e familiar de Galicia!
RECOLLIDA DE DORSAIS
Museo Centro Gaiás - Sala REGA 1 (Ver mapa)
Venres 2 de xuño: de 16.30 a 20.30 horas
Sábado 3 de xuño: de 9.30 a 11.00 horas
O sábado 3 de xuño volve a Holi Gaiás á Cidade da Cultura. A quinta edición desta carreira lúdica, familiar e festiva xa está en marcha para que poidades gozar en familia ou coas amizades dunha proba deportiva na que está permitido xogar sucio, porque un dos máximos atractivos é enzoufarse na súa tradicional poeira de cores durante o percorrido e no fin de festa.
A actividade está pensada como opción para a práctica saudable e para pasar un tempo agradable cheo de diversión nun espazo tan vistoso e singular como é o monte Gaiás.
Patrocinada por Viaqua e coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, Gadis e Coca-Cola, a Holi Gaiás trae á Cidade da Cultura o seu espírito festeiro e nada competitivo, no que o importante non é gañar, senón celebrar as últimas semanas dunha estación como a primavera cunha explosión de música e de cores, inspirada no festival Holi da India.
A proba, que consta de 5 kilómetros aproximadamente nas inmediacións da Cidade da Cultura, conta con dúas categorías, a infantil e a de persoas adultas.
INSCRÍBETE NA TÚA CATEGORÍA
- Inscricións en www.carreirasgalegas.com.
- Infantil: rapazada nada entre o 2008 e o 2013.
- Adultos: persoas nadas en 2007 e anos anteriores.
PREMIOS
Aínda que a esencia da carreira é máis festiva que competitiva, haberá premios para:
- 3 primeiros clasificados na categoría infantil masculina.
- 3 primeiras clasificadas na categoría infantil feminina.
- 3 primeiros clasificados na categoría adulta masculina.
- 3 primeiras clasificadas na categoría adulta feminina.
INFORMACIÓN PRÁCTICA
- Consulta o circuíto en www.carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal
