A Biblioteca de Galicia celebra o Día da Música cun espectáculo musical dirixido á cativada. A Gramola Gominola presenta o seu último libro-CD editado con Galaxia e ilustrado por Iago Araújo.
Este libro-CD de auténtico Rock&Roll pon en valor ás Superheroínas que tratan de cambiar o mundo cos seus superpoderes. As súas protagonistas empregan estes poderes para loitar contra o abuso escolar, defender a lingua, protexer a natureza e visibilizar as emocións. Estas son as BRAVAS, mulleres que inspiran e dan luz ao mundo.
![]() |
![]() |
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)



