FU V – Renacer

A Cidade da Cultura acolle FU V – RENACER, a nova edición de FU MOVEMENT, un proxecto organizado por Loyal Souls que recorre distintos puntos de España e reúne freestyle, música en directo e creación urbana afastándose dos formatos competitivos tradicionais.

Tras unha primeira edición marcada por un imaxinario apocalíptico, FU V – RENACER propón un novo comezo. Santiago de Compostela, coa súa dimensión histórica, cultural e espiritual, convértese no escenario desta nova etapa, na que a cultura urbana dialoga co patrimonio e a identidade da cidade.

O proxecto integra freestyle, música e creación audiovisual nunha experiencia narrativa e escénica que explora conceptos como a transformación, a conexión e o renacer. Unha proposta na que o freestyle se entende como expresión libre e espontánea, sen xuíces, puntuacións nin gañadores.

Kenan, unha das voces máis carismáticas do freestyle, será un dos grandes nomes do cartel desta edición, xunto outros como Pirry, Nacho SKR, Calles, Pirómana, Morente, MP, Kyra, Sara Socas, Belico, Iban, Krisan, Nocre Sweet Pain e Replik.

FU V – RENACER reivindica a creatividade, a liberdade de expresión e a comunidade como eixos dunha experiencia aberta a artistas e públicos diversos. Unha volta ás raíces para iniciar un novo capítulo.