Fotonovela: recreando a malla

Despois de visitar a serie sobre A Malla de José Suárez, os participantes neste obradoiro descibrián este antigo proceso artesanal para coñecelo polo miúdo e poder elaborar unha fotonovela que o reflicta. Tras este primeiro momento, traballaremos en pequenos grupos especializados, de cara a perfeccionar a posta en escena deste proceso. Así, cada grupo ocuparase respectivamente das cámaras, dos guións, do atrezzo, das personaxes... Finalmente, en grupo realizaremos as fotografías que servirán para ilustrar a historia, coas que se fará unha montaxe dixital.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)