As formas do Nadal | Concurso infantil de postais de Nadal 2022

Que forma ten para ti o Nadal? Este ano, a Cidade da Cultura anímavos a xogar en familia coa xeometría. A partir de triángulos, círculos, cadrados, etc. poderedes imaxinar, deseñar e crear unha orixinal postal de Nadal.

Recorta as figuras e compón o debuxo máis che guste, inspirado nestas festas e non esquezas engadirlle cor ou darlle o teu "toque" persoal. As autoras e autores as postais máis orixinais recibirán un convite familiar ao espectáculo de teatro Ás para Álex, que terá lugar o 29 de decembro de 2022 (ás 18.00 horas) no Museo Centro Gaiás, onde ademais recollerán un fantástico agasallo. O concurso está dirixido a nenas e nenos de 0 a 12 anos.

Como participar

— Imprime e recorta as figuras do bosquexo

— Deseña con elas a túa postal empregando a páxina en branco como marco

Envíanos a túa postal [Non esquezas incluír os teus datos, para que poidamos contactar contigo en caso de que a túa postal sexa premiada!]

  • Por correo postal ao enderezo: Fundación Cidade da Cultura de Galicia (Concurso de postais de Nadal), Edificio CINC (3º andar), Monte Gaiás s/n, 15707 – Santiago de Compostela 
  • Adxuntándoa nun correo electrónico a online@cidadedacultura.org, no caso de que sexa escaneada/fotografada co móbil, pero ten tino de que o adxunto sexa de boa calidade!]
  • Depositándoa na caixa do correo do mostrador do Museo Centro Gaiás

DESCARGA AQUÍ O BOSQUEXO PARA PARTICIPAR NO CONCURSO!

Postais gañadoras

Estas son as propostas gañadoras do concurso de postais de Nadal 2022-2023:

 
En familia
 
28 e 29 Xan 2023
28 e 29 Xan 2023
Mañá e tarde
28 e 29 Xan 2023
Ás 13.00 horas
28 e 29 Xan 2023
16.30 a 20.00 h
4 Feb 2023
De 17.00 a 18.30 horas