Escenas do cambio 2021

Maio é o mes no que finalmente imos celebrar a sétima edición de Escenas do cambio 2021 renovada na dirección —a galega Lola Correa— e tamén no formato: 1️⃣1️⃣ pezas provenientes de España [Galicia, Euskadi, Castela e León, Madrid e Cataluña], Portugal, O Reino Unido, Francia e O Xapón concentradas na fin de semana longa do xoves 20 ao venres 23.
 
Serán catro días cos que facerse cunha fotografía das propostas máis arriscadas e innovadoras que se están a facer no eido internacional en teatrodanza e arte en acción, e nas que sobresae a creación en feminino:
 
Matarile  Teatro | Diego Anido | Nuria Sotelo_Licenciada Sotelo| Kirenia Martinez | Begoña Cuquejo | Clara Ferrão | María Roja | Paula Quintas | Toujours après Minuit / Brigitte et Roser | Hiroaki Umeda | Ana Matey | Miguel Moreira | Útero Teatro | Julio Fer | Marc Caellas | David G. Torres | Sleepwalk Collective

                                                     PROGRAMA