Ven gozar do Entroido no Gaiás! Este ano celebramos o Entroido na horta! [ENTRADAS ESGOTADAS]
Este ano o Entroido do Gaiás está ambientado na horta, así que tes liberdade para andar nas verzas, converterte nunha pataca ou no que se che ocorra para este día. Queremos ver a túa orixinalidade, aínda que tamén podes vir co disfrace que che apeteza para gozar dunha tarde familiar chea de música e troula, como ben merece esta celebración. Ademais, temos desfile e concurso para premiar o voso enxeño. Iso si, xa sabedes que o importante é pasalo ben todos xuntos coa festa máis divertida de todas as festas!
- O Consertasso na horta de Brais das Hortas traerá á Cidade da Cultura letras e música para sementar e apañar risos e gana de cantar e bailar con temas e estilos moi variados. Un ecosistema musical moi saudable co que non poderedes permanecer quedos e quedas.
- Animádevos a botar un baile ou varios! Ademais do concerto, durante toda a tarde non parará a animación con música, humor e personaxes caracterizados cos que o público poderá interactuar. É o momento para perder a vergoña e deixarse levar, porque iso é o que ten o entroido!
- Tamén poderedes participar no desfile e concurso de disfraces e optar aos premios ás tres caracterizacións máis orixinais que teñan que ver coa temática da festa. Inscríbete á chegada ao Museo.
- E ademais... teremos postos de doces para saborear ben o Entroido!!!

22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)

