Ensalada de Instrumentos

Público | Infantil (+ 3 anos)

Duración | 50 min. aproximadamente

Instrumentos en escena

Violín, teclados, guitarra, batería, e instrumentos non convencionais

Convértete en músico e aprende a diferenciar os instrumentos a través dunha emocionante viaxe pola súa historia.

Ensalada de Instrumentos pretende ser un percorrido pola historia da música e as diferentes familias de instrumentos: vento, corda e percusión.

Da man de ‘Os Tres Tenedores’ -grupo de musicólogos e docentes con ampla experiencia-, os rapaces serán os protagonistas, probando eles mesmos os instrumentos.