Dj Isaac Torgal + This is Spinal Tap

Nova sesión de cinema ao aire libre de Atardecer no Gaiás. Desta vez, coa proxección de This is Spinal Tap, falso documental de tinguidura paródica sobre unha ficticia banda británica de heavy metal.

This is Spinal Tap está considerada unha película de culto, a pesar de que nunca foi estreada en salas comerciais e a súa exhibición pública viuse reducida a festivais e circuítos especializados.

Antes da proxección, Isaac Pedrouzo, coñecido como DJ Isaac Torgal, será o encargado de musicar o solpor desta semana e de ir poñéndolle banda sonora previa ao filme.

Flocos de millo e mantiñas para combater temperatura frescas completarán esta única sesión de Atardecer no Gaiás da semana, por mor da celebración este sábado, día 19,  de Cidade Imaxinaria 2017.

 

 
Música & Escena
 
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
26 — 29 Mai 2026
Portas abertas: 29 Mai | 17 h