Todos somos artistas. Baixo esta premisa, a Cidade da Cultura –da man de Aire Centro de Arte- convida a todos os participantes no Día dos Museos a deixar voar a súa imaxinación e participar no último dos obradoiros artísticos Arte é Moda.
Saca o artista que levas dentro e anímate a tecer as túas propias creacións en varias estruturas nas que deixar a túa impronta.
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)

