Día dos Museos: visitas guiadas 'Auga Doce'

Con motivo do Día Internacional dos Museos, a Cidade da Cultura convida a redescubrir na exposición Auga Doce a beleza universal dun elemento definidor da alma galega a través da ollada de grandes artistas.

Da man de xenios do talle de John Constable, David Hockney, Gerhard Richter, Louise Bourgeois, Mario Merz, Martín Chirino ou Chema Madoz e grandes creadores galegos, a exposición propón unha intensa experiencia estética a través dunha selección multidisciplinar de obras que reúne pintura, escultura, fotografía, vídeo, instalación, enxeños científicos ou pezas etnográficas.

O MoMA, o Victoria & Albert, o Musée D’Orsay, o Rijksmuseum, o Reina Sofía ou o Thyssen-Bornemisza, xunto a máis dun cento de institucións culturais, colaboran neste gran convida da Cidade da Cultura para descubrir cando a auga é arte.

 

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)