Desde Rosalía ata as cantareiras |Obradoiro con motivo do Día das Letras Galegas 2025

Narración oral, música, obxectos e novas tecnoloxías para exaltar a herdanza de todas as mulleres homenaxeadas no Día das Letras Galegas ao longo do tempo.

A Biblioteca de Galicia acolle o obradoiro Desde Rosalía ata as cantareiras, unha proposta multidisciplinar dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos para exaltar a herdanza de todas as mulleres homenaxeadas no Día das Letras Galegas, desde Rosalía de Castro ata as Cantareiras, facendo especial fincapé nestas últimas e no Cancioneiro Popular.

Esta proposta de A Xanela do Maxín pon en valor as mulleres que deixaron unha pegada inesquecible na literatura, na música e no teatro galegos, e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa cultura, co fin de achegar as súas historias aos máis pequenos.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)