Con motivo da celebración do Nadal, a Biblioteca de Galicia organiza un concerto de violín e viola, no que alumnado do centro educativo En Clave Método Suzuki reinterpretarán o conto do Crebanoces. A música de Chaikovski estará ligada a ilustracións e narración que servirán de fío condutor dunha das historias e música máis emblemáticas do Nadal.
O centro educativo En Clave Método Suzuki, situado en Santiago de Compostela, leva máis dunha década desenvolvendo o seu proxecto Suzuki. Foi o centro pioneiro en Galicia e o único que traballa esta metodoloxía en Compostela.
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)

