Coralinda é unha comedia xestual, ao estilo dos debuxos animados, que invita aos nenos e nenas a reflexionar sobre a discriminación por razón de raza, xénero ou clase social.
Nun lugar cincento vive un señor vestido de gris que manipula caixas, tamén cincentas. A chegada dunha muller cun vestido cheo de cor e unha actitude exuberante altera por completo ese escenario. Poderán construír xuntos un lugar diferente, no que haxa espazo para máis cores e máis persoas?
Un espectáculo cómplice e sensible que aborda as diferenzas, os prexuízos e a posibilidade de transformar os espazos que habitamos e que acolle a Biblioteca de Galicia con motivo do Día da Alfabetización.
16 set 2026
De 19:00h a 20:00h

