Cóntoche un traxe

Da man de Montse Rivera mergúllate nesta viaxe no tempo para descubrir como era o vestiario dos nosos tátara-tátara-avós.

A narración de Montse estará acompañada de cantigas referidas ás pezas de roupa que os vestían, poemas de grandes da literatura galega e proxección de imaxes de traxes tradicionais e materiais cos que se fabrican as teas. E ao final do camiño, catro participantes acabarán vestidos como os nosos ancestros.

 
En familia
 
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)