Que acontece cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto? Catro prestixiosos músicos fronte a un gran conflito: 16 banquetas e unha soa marimba (instrumento de percusión). Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante! Organizarse non vai ser tan doado.
Píscore achéganos a mellor música e o mellor humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)


