Concerto con fusión de Píscore | Día da Música

Con motivo da conmemoración do Día da Música, a Biblioteca de Galicia organiza este espectáculo no que se fusiona música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público, cunha marimba como eixe principal.

Concerto con fusión incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos: música latina, rock&roll, reggae, pop ou música disco.

Argumento: Catro músicos descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao palco cos seus instrumentos. A aparición dunha marimba e de todas as súas posibilidades fai que, o que podería ser un desastre, se transforme nun divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Entre partituras, atrís e banquetas, os catro protagonistas van descubrindo pouco a pouco, e tema a tema, que teñen un pasado en común e unha incrible querenza por facer músicas (con)fusionando estilos.

 
En familia