O espectáculo ComedIA, de Píscore, chegará á Biblioteca de Galicia cunha proposta que combina humor, música e unha viaxe polo universo da carreira espacial, as novas tecnoloxías e a Intelixencia Artificial.
Dirixida por Fran Rei, esta cuarta montaxe de creación propia da compañía explora algunhas das grandes incógnitas sobre o espazo: chegaremos a habitar Marte? Hai vida noutros planetas? Como soaría a música máis alá da Vía Láctea?
Con gags trepidantes, referencias cinematográficas e unha mirada humorística sobre a actualidade, ComedIA incorpora tamén novos instrumentos, como o theremin e o otamatone, nun espectáculo protagonizado por astronautas, extraterrestres e naves espaciais.
